Wednesday 24 de April de 2024

A praza Roxa de Cariño acollerá o próximo 6 de agosto a XIX Festa dá Caldeirada e Sardiña Lañada cunha previsión de máis de 2000 racións


• Dará comezo ás 13:30 horas, coa venda de billetes aberta desde as 13:00 horas, trinta minutos antes do comezo.

• Desde o Concello destacan o traballo da Asociación de Amas de Casa de Cariño, a Asociación de Amigos de San Xiao do Trebo, a Asociación Percebeiros de Cariño e á Confraría de Pescadores.

A praza Roxa de Cariño acollerá o próximo 6 de agosto a XIX Festa dá Caldeirada e Sardiña Lañada cunha previsión de máis de 2.000 racións para servir ás persoas asistentes. Dará comezo ás 13:30 horas, coa venda de billetes aberta desde as 13:00 horas, trinta minutos antes do comezo.

Está prevista unha ampla programación, que farán as delicias de pequenos e maiores, entre as cales atopamos o pasacalles da Banda de Gaitas da A.F. San Xiao do Trebo, e ao longo da tarde de ‘Mekanika Rolling Band’ e o dúo musical Pablo Balseiro & Os Cascarillas.

O Concello de Cariño quere agradecer o traballo e colaboración da Asociación de Amas de Casa de Cariño, a Asociación de Amigos de San Xiao do Trebo, a Asociación Percebeiros de Cariño e a Confraría de Pescadores de Cariño.

Destacar, ademais, que durante a xornada desenvolverase o XVIII Mercado de Oportunidades organizada pola Asociación de Comerciantes de Cariño. Haberá tamén instalado un espazo informativo onde a protagonista será a Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’.